Quen somos
Tes problemas coa tecnoloxía? Prestas servizos tecnolóxicos e a atención ao cliente é un problema que non sabes como resolver? Queres desenvolver o teu negocio e mellorar as túas canles de soporte técnico?
Desde 2006 prestamos servizos de soporte técnico para empresas cunha finalidade: axudar a que o usuario de tecnoloxía estea cómodo utilizándoa e a que o vendedor de tecnoloxía estea cómodo vendéndoa. Utilizar e vender tecnoloxía debe ser algo sinxelo e temos que buscar a maneira de que a tecnoloxía sexa fácil de usar.
Desde Explica ofrecemos a todas as empresas que comercialicen produtos ou servizos tecnolóxicos a posibilidade de externalizar o seu departamento de soporte técnico. Temos xa máis de 15 anos de experiencia na prestación de servizos de soporte técnico, axudando aos nosos clientes a ofrecer un servizo de atención profesional, especializado e que sabe resolver problemas.
Déixanos axudarche a ofrecer un servizo de soporte técnico e atención ao cliente de calidade, que non supoña unha interferencia na xestión do teu negocio. Aumenta a satisfacción e a fidelidade dos teus clientes e consegue que recomenden os teus produtos e servizos a outras persoas.
Que é o soporte técnico?
Explica Ingenieros entende un servizo de soporte técnico como aquel servizo deseñado e implementado para dar respostas ás dúbidas e solucionar os problemas de carácter técnico dos empregados e clientes dunha empresa.
As funcións principais dun servizo de soporte técnico son servir de apoio ao empregado na atención ao seu cliente (preventa e postventa) e servir de axuda e punto de consulta ao cliente á hora de utilizar a tecnoloxía que adquiriu ou que está a utilizar.
Un servizo de soporte técnico é útil e eficaz se tanto empregados como clientes se senten seguros e apoiados á hora de enfrontarse a tecnoloxías que non coñecen.
Ofrecer un servizo de soporte técnico de calidade é un importante factor de diferenciación para calquera empresa que comercialice produtos tecnolóxicos.
Eficientes e resolutivos
Integrados coa empresa
Expertos en atención ao cliente
Os nosos integrantes
Ana Janeiro Meizoso
Soporte técnico
Jorge Benavente García
Soporte técnico
Eva Benavente Fernández
Colaboradora