Explica quere ser o teu socio tecnolóxico, axudando a integrar a tecnoloxía nos procesos de produción da túa empresa e ofrecendo a posibilidade de poñer en marcha un servizo de soporte técnico e atención ao cliente ao prezo máis alcanzable e contando co persoal máis cualificado.
Estes son os nosos servizos:
ATENCIÓN AO CLIENTE / EXTERNALIZACIÓN DE SOPORTE TÉCNICO
Se o teu negocio se basea na comercialización de produtos ou servizos tecnolóxicos, non permitas que a atención ao cliente sexa un dos teus problemas. Explica encárgase de atender as consultas dos teus clientes e usuarios, facendo posible que o teu persoal se dedique exclusivamente a tarefas de alto valor engadido. Ofrecemos unha atención ao cliente multicanle, multidisciplinar, realizada por persoal altamente cualificado e de ampla experiencia cuxo obxectivo principal é resolver os problemas do cliente ou usuario.
CONSULTORÍA TECNOLÓXICA
Se non tes tempo para loitar coas ferramentas que a túa empresa utiliza no seu día a día, conta connosco para axudarche. Computadores, telefonía móbil, software, servizos tecnolóxicos, aplicacións en liña, redes sociais: a nosa longa experiencia e os nosos amplos coñecementos fan de Explica o teu mellor soporte informático. Especializados en servizos de xestión de dominios e aloxamento web, a nosa colaboración pode cubrir calquera outro campo relacionado co uso da tecnoloxía nas empresas.