Explica Ingenieros
Facemos a tecnoloxía fácil
Flexibilidade
Adaptamos as ferramentas e os procedementos de atención ao cliente tanto con respecto ao provedor tecnolóxico como ao usuario final, outorgando así maior eficiencia ao servizo de soporte.
Persoal altamente cualificado
Os nosos traballadores contan cunha ampla experiencia na prestación de servizos de soporte técnico, especialmente en campos como aplicacións web, servizos de comunicación, aloxamento en servidores, informática, etc.
Anticipación
Desenvolvemos un profundo traballo de formación e preparación de documentación, adiantándonos ás posibles dúbidas dos usuarios e aumentando desta maneira a eficiencia do servizo de atención ó cliente.
Sobre nós
Explica é unha empresa de soporte técnico que naceu en 2006 coa vontade de axudar ás persoas a comprender e utilizar a tecnoloxía, e coa misión de axudar ás empresas no proceso de comercialización de produtos e servizos tecnolóxicos.
O noso traballo está avalado por unha ampla experiencia en soporte e atención ao cliente e por unha relación de estreita colaboración cos nosos clientes.
Os nosos servizos
Se o teu negocio se basea na comercialización de produtos ou servizos tecnolóxicos, non permitas que a atención ao cliente sexa un dos teus problemas. Explica encárgase de atender as consultas dos teus clientes e usuarios, facendo posible que o teu persoal se dedique exclusivamente a tarefas de produción e administración. Formada por persoal altamente cualificado no mundo da informática, da mobilidade, de internet e das novas tecnoloxías e cunha longa experiencia de máis de quince anos ofrecendo servizos de soporte técnico e atención ao cliente a empresas de diferentes ámbitos, Explica é a mellor opción para dar aos teus clientes o mellor servizo.
Coñece cales son os nosos servizos.
O noso blog
A ciberseguridade, a intelixencia artificial ou a importancia dos técnicos informáticos nas empresas son algúns dos temas que trataremos no noso blog. Non te perdas as novidades e lembra sempre que o saber non ocupa lugar.
Contáctanos
Contacta connosco para coñecernos e saber como podemos axudarche a mellorar o servizo de atención ao cliente dentro da túa empresa.
Algunhas valoracións dos nosos clientes
“Explica Ingenieros converte nun valor engadido para os teus clientes tarefas de xestión que non achegan valor á empresa, ofrecendo un servizo de alta calidade e cunha comunicación excepcional. A súa implicación na área de postventa resulta fundamental para conseguir clientes satisfeitos e fidelizados. De todas as empresas que nos axudan a prestar un mellor servizo aos nosos clientes, Explica Ingenieros é sen dúbida unha das mellores.”
VISUAL PUBLINET
“Grazas a Explica Ingenieros conseguimos un soporte dedicado ás nosas necesidades no que os nosos clientes atopan as solucións a todas as nosas incidencias. Melloramos o rendemento e os procesos desta área da empresa dunha forma sinxela e rápida.”
INNPLAY
“Explica é un excelente socio en calquera proxecto que requira un apoio en materia de soporte. Cando contratei os seus servizos a miña idea era despreocuparme de toda a xestión de creación de usuarios e contrasinais da miña plataforma de clientes. O servizo que puxemos en marcha vai moito máis alá, ofrecendo o meu propio servizo de soporte a clientes que presta Explica e que ofrece asesoramento e atención constante en todo o relativo ao uso das miñas plataformas.”
CONSULTA Y CRECE NETWORKING
Chámanos
986 192 029 | Luns – Venres (8:00 – 19:00)
explica@soporteexplica.es
Localización
Vigo, Pontevedra